Saltar ao contido

Soiuz TM-31

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TM-31
Parche da misión Soiuz TM-31.
TipoTripulada
Data de lanzamento31 de outubro de 2000, 7:52 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión186,91 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6]
Regreso6 de maio de 2001[1][6]
NSSDC ID2000-070A
Masa7000,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-31 foi a primeira misión espacial tripulada á Estación Espacial Internacional, lanzada o 31 de outubro de 2000 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-31, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Gidzenko, Sergei Krikalev e William Shepherd (a chamada Expedición Un) a bordo, foi a primeira misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse co porto traseiro do módulo Zvezda. Durante a misión a tripulación activou os sistemas de Zvezda, realizou tarefas de mantemento, recibiu a visita das naves de carga Progress M1-4 e Progress M-44 e comezaron a facer algúns experimentos. Durante a súa estancia tamén se acoplou o transbordador espacial Atlantis durante a misión STS-98 para levar o módulo Destiny á estación, así como a STS-102, correspondente ao Discovery.[2][3][4][5]

A Soiuz TM-31 regresou a terra o 6 de maio de 2001.[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 31" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 31" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 26 February 2001 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-81552(E)). 20 de marzo de 2001: 2. Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-31 / ISS-2R" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-31" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.